Thursday 28 de March de 2024

A Xunta ten en marchaun plan de renovación de elementos de seguridade en 69 dos 122 peiraos de titularidade autonómica


Portos de Galicia inviste 153.000 euros na reposición de varandas e pasamáns en máis da metade das dársenas dependentes do Executivo galego

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, ten en execución un plan de renovación de elementos de seguridade en máis da metade das dársenas de titularidade da Xunta de Galicia. Esta actuación inclúe melloras en 69 dos 122 portos autonómicos e afecta ás tres provincias costeiras.
Os traballos consisten na retirada e reposición de máis de 1.500 metros de varandas e pasamáns situados en distintos puntos dos peiraos autonómicos como elementos de seguridade e que presentaban danos debido á corrosión provocada pola salitre ou a accidentes ou afectacións derivadas do seu uso.

Este plan conta cun investimento global de 153.000 euros a cargo do organismo portuario autonómico.
Por zonas administrativas, na Zona Norte -a costa cantábrica- renovaranse as varandas dos portos de Foz e San Cibrao. En canto á Zona Centro -a franxa atlántica da provincia da Coruña- o plan desenvólvese nos portos de Pontedeume, Miño, Betanzos, Sada, Lorbé, Santa Cruz, San Pedro Visma, Suevos, Caión, Malpica, Barizo, Corme, Laxe, Camelle, Arou, Santa Mariña de Camariñas, Camariñas, Muxía, Fisterra, Corcubión, Cee, Ézaro, O Pindo, Portocubelo, Muros, Os Muíños, Esteiro, O Freixo, A Barquiña de Outes, O Conchido, A Barquiña de Noia, Testal, Porto do Son, Corrubedo, Aguiño, Castiñeiras, Ameixida, Ribeira, Palmeira, A Pobra do Caramiñal, Escarabote, Cabo de Cruz, Bodíón e Rianxo.

Polo que respecta á Zona Sur -a provincia de Pontevedra-, actuarase nos portos de Pontecesures, Carril, As Sinas, Vilanova de Arousa, San Miguel de Deiro, Cabodeiro, O Xufre, O Campo, Tragove, Santo Tomé, O Grove, Raxó, Aguete, Aldán, Cangas Moaña, Meira, Cesantes, Panxón, Santa María de Oia, A Guarda, A Pasaxe e Tui.